Abril 2009
M T W T F S S
    Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

Archive for Abril, 2009

Un pouquiño máis sobre os Decretos de Nova Planta

Categories: HISTORIA | Abril 16th, 2009 | by historianalama | no comments

Quen os promulgou?

Foron promulgados polo rei Filipe V de España.

Cando os promulgou?

Trala súa vitoria na Guerra de Sucesión sobre o pretendente Arquiduque Carlos de Austria, pretendente da Casa de Austria.

Por que os promulgou?

Os Decretos de Nova Planta tiveron a finalidade e o efecto de castigar aos que se aliaran en contra do rei Filipe V, aludindo ao “dereito de conquista” como se cita no primeiro dos Decretos.

A que territorios afectaron?

Principalmente á Coroa de Aragón, que abranguía os Reinos de Reinos de Aragón e Valencia, Reino de Mallorca e Principado de Cataluña, pero tamén foron publicados para a reordenación das Reais Audiencias e Reales Chancelerías na Corona de Castela

Cando se decretaron?

Nos Reinos de Aragón e Valencia en 1707, Reino de Mallorca en 1715 e Principado de Cataluña en 1716

Que trocos produciron?

Os Decretos de Nova Planta son un conxunto de decretos polos cales se cambiou a organización territorial dos Reinos Hispánicos e abolíronse case todos os antigos foros propios dos reinos e condados da Coroa de Aragón e estenderon unha nova organización administrativa baseada na do Reino de Castela. 
Tamén se suprimiron as Cortes separadas que se incorporaron ás Cortes de Castela, auténticas Cortes españolas coa excepción das do Reino de Navarra e as Deputacións Vascas.
Para todos os seus dominios obrigaron ao uso do castelán como lingua administrativa a todas as institucións que non a usaban, seguindo o modelo centralista que a monarquía absolutista francesa adoptara a partir do reinado de Francisco I.

 “Un Exemplo”

“Decretos de Nova Planta en Aragón e Valencia (1707)”

Como consideraba que perdera os reinos de Aragón e de Valencia, e todos os seus habitantes pola rebelión que cometeron […]todos os foros, privilexios, exencións e liberdades que gozaban […], xulguei por conveniente […] abolir e derrogar enteiramente […] todos os referidos foros, privilexios, práctica e costume ata aquí observados nos referidos reinos de Aragón e Valencia; é a miña vontade que estes se reduzan á lei de Castela.

Filipe V de Borbón

“Vocabulario”

Foro:  Enténdese por foro un conxunto de leis especiais que se conceden a unha persoa, a un territorio ou a unha cidade, e que son diferentes do Dereito polo que se vai rexer o resto do territorio. Así, sucede en España que as normas civís polas que se rexen determinadas cuestións na totalidade do Estado non van rexer nunha rexión ou Comunidade Autónoma, por gozar esta dun foro propio (o exemplo máis característico represéntao o Foro Novo de Navarra).  

Read Full Post »

Na Procura da Imaxe perdida!

Categories: HISTORIA | Abril 16th, 2009 | by historianalama | no comments

Ola oliña ola!!

Ante todo, grazas pola vosa participación e noraboa aos que atopastes a resposta correcta que era…

Viena, a Porta dos Suízos!!

O primeiro en atopala foi Santiago de 4ºA

Pois ben. Este é o novo reto!!

 

hpim1819 

Debes buscar información sobre este personaxe e , se podes, averiguar en que museo e cidade está a imaxe!

Axudiñas:

1. O home da inscrición naceu na Antiga Grecia

2. A inscrición está en Grego, visitade ao Fendetestas.

3.Podes ver con máis cualidade este busto e a súa inscrición!

Cando deas co protagonista e co museo indica como resolviches a túa busca, vale?

Sorte e un saúdo!!!

Read Full Post »

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes