Decembro 2009
M T W T F S S
« Out   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

Archive for Decembro, 2009

O Apalpador, o Papá Noel Galego!

Categories: TRADICIÓNS | Decembro 15th, 2009 | by historianalama | no comments

Houbo un tempo no que na Galiza había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador.
Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento e foi substituído pola figura de Papá Noel, unha tradición centroeuropea á que a Cocacola lle puxo un traxe vermello (antes era verde), e o mercado se encargou de difundir.

Apalpador00

O Apalpador é un xigante carboeiro que mora nas devesas, usa boina, casaco esfarrapado, fuma en pipa, e aliméntase de bagas e xabaríns. Na noite do 31 de decembro baixaba ás aldeas para se achegar aos nenos e nenas que durmían.

APALPADOR

Na “noite de apalpadoiro” (na noite de fin de ano), apalpaba o ventre das persoas para ver se os pícaros comeron ou non.
De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano” e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.Jerónimo de Vicente, de Ourense, achéganos estes versos ”que teño ouvido e que lle cantaban os pais ós seus fillos a noite que baixaba”:

Hoxe  é noite de Nadal,
vaite    ninín  á camiña
que vai vir o apalpador
a palparte a barriguiña

En 2008 escoitamos no programa da Radio Galega dirixido por Xurxo Souto “Aberto por reformas” o testemuño de Miguel Losada quen facía referencia ao Pandigueiro, personaxe que, na Terra de Trives, acudía aos leitos dos nenos que se tiveran que deitar na Noite de Nadal co ventre baleiro.

Segundo esta información os nenos tiñan que pedirlle “leitiña con purgazos” (castañas secas, cocidas) ao Pandigueiro por medio dun retrouso (que xa non lembra), e este baixaba da Serra da Cabeza Grande coas castañas e, ademais, podía levar xoguetes tallados en madeira cocida de amieiro.

Esta tradición,recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas de Lóuzara, O Courel, O Cebreiro e d’O Bierzo, posiblemente sexa un costume de orixe pre-cristiá que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Pescuda na túa casa, aos teus avós, pais, tíos…se saben deste personaxe ou algo relacionado coa noite do apalpadoiro e comunícallo ao Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

E lembrade! O próximo ano, os agasallos da nosa familia pode volver deixalos o noso Apalpador!!!

Read Full Post »

As Parroquias de Chantada

Categories: XEOGRAFÍA | Decembro 15th, 2009 | by historianalama | no comments

Dibujo

Estes son os traballos que realizastes sobre as vosas parroquias:

Read Full Post »

“55 días en Pekín”

Categories: HISTORIA | Decembro 15th, 2009 | by historianalama | no comments

Se queres saber máis sobre a película e o contexto histórico no que se desenvolve o argumento, pulsa co teu rato sobre a imaxe:

cartel2

Cuestionario da película:

  1. Que bandeiras aparecen representadas ao inicio da película?
  2. Que ideoloxía coidas que tiñan os bóxers?.E a Emperatriz?
  3. Quen toca na orquestra e quen baila?
  4. Ao teu parecer, como ven os occidentais aos bóxers?
  5. Cres que o príncipe Tuang quería amosar algo coa exhibición dos bóxers?
  6. Como actuou o maior Lewis?
  7. Que fai sir Arthur ao entrar á audiencia coa Emperatriz?
  8. Como se nos presenta ás potencias occidentais e como a China?
  9. En relación co Imperialismo, que che transmitiu a película?
  10. Valora a película do 0 ao 10.

Read Full Post »

O Imperio Británico

Categories: HISTORIA | Decembro 9th, 2009 | by historianalama | no comments

Introdución:

Trala decadencia do Imperio Española  finais do século XVI, entra en escena o Imperio Británico, que será o hexemónico, sobre todo, entre 1815 e 1914.
Neste traballo trátase de que coñezas máis polo miúdo como apareceu, como se desenvolveu e que consecuencias actuais derivan deste imperio.
 
Tarefa:

1º. Abre  o procesador de textos Open Office. Crea un documento  e gárdao co nome “Imperio Británico”
2º. Copia nel as preguntas que  aparezan. Máis tarde deberás escribir as respostas que atoparás nas páxinas que che propoñemos visitar.
3º. Ao rematar terás  un documento con texto e imaxes no que aparecerá o que descubriches e aprendiches sobre o Imperio británico e deberás gardalo en PDF.
4º. Unha vez que estea no formato anterior deberás subilo á rede.

Proceso:

Debes atopar as respostas ás cuestións que se che suxiren na táboa.
No documento que elabores debes incluír as imaxes da bandeira, o escudo e calquera outra que creas axeitada.
Canto máis vistoso me orixinal sexa o traballo, mellor.
 

Preguntas:                        

1. Que é un Imperio e que Imperialismo? 

08.Imperialismo

2. Cales foron Imperios da Antigüidade e onde se desenvolveron? 

imperio

3. Explica a diferenza entre Inglaterra e Reino Unido.

360px-British_Isles_svg

4. Grazas a que personaxes Inglaterra ía amosando a hexemonía nos mares?Podes contar algo dalgún deles?

pirata

5. Que significa esta bandeira e por  que Gales non aparece representada?  

34.United Kingdom

6. Recolle os mapas nos que se indica os territorios do Imperio Británico?

35.Imperio Británico

 7.Como se chama a época de máxima expansión do Imperio ?

210px-Queen_Victoria_1887

8.Que título recibiu  a raíña Vitoria en 1877?

728px-Taj_Mahal_in_March_2004

9. En que ano ten lugar a primeira perda territorial do Imperio e por que? 

501px-Gilbert_Stuart_Williamstown_Portrait_of_George_Washington

10.Investiga cal foi a última colonia do Imperio Británico?

800px-Flag_of_Hong_Kong_svg

11. Que é a Commonwealth e cantos países a compoñen?

800px-Flag_of_the_Commonwealth_of_Nations_svg

 
12. Que Estados Soberanos levan hoxe en día a bandeira do Reino Unido? 

800px-Flag_of_Australia_svg

Guía Didáctica:

Esta webquest diríxese ao alumnado de 4ºESO.
O traballo debe realizarse por parellas.
O tempo que debe empregarse é de dúas a tres sesións.
Esixe unhas destrezas mínimas na utilización do procesador de textos e de navegación por Internet.
O traballo xira arredor dun contido principal que é o Imperialismo Británico e os obxectivos que se pretenden conseguir resúmense en dous:

  • Utilizar Internet para coñecer o Imperialismo Británico.
  • Ofrecer un material didáctico para comprobar na aula que o Imperialismo Británico(e o Imperialismo, en xeral), foi o causante da configuración de grande parte do  mundo actual e do carácter de moitos Estados.

Read Full Post »

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes