Xaneiro 2010
M T W T F S S
« Dec   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

Archive for Xaneiro, 2010

A fin do Tsarismo e a Revolución Rusa

Categories: HISTORIA | Xaneiro 28th, 2010 | by historianalama | no comments

Introdución:

Tralo triunfo do Liberalismo no século XIX e XX, o Imperio Ruso continúa ancorado no Antigo Réxime, cunha economía atrasada e unha poboación esfameada.
En 1917, unha revolución consumará a caída do Tsarismo e creará un novo modelo de sociedade e de Estado.
Neste traballo trátase de que coñezas máis polo miúdo as causas, desenvolvemento e consecuencias que provocaron a caída do Tsarismo e  da Revolución Rusa..

Tarefa:

 
1º. Abre o procesador de textos Open Office. crea un documento e gárdao co nome “Revolución Rusa”
2º. Copia nel as preguntas que  aparezan. Máis tarde deberás escribir as respostas que atoparás nas páxinas que che propoñemos visitar.
3º.Ao rematar terás un documento con texto e imaxes no que aparecerá o que descubriches e aprendiches sobre a Revolución Rusa e deberás gardalo en PDF.
4ºUnha vez que estea no formato anterior deberás subilo á rede.

Proceso:


Debes atopar as respostas ás cuestións que se che suxiren na táboa, empregando as ligazóns ou indagando e contrastando a información de entre as páxinas que ti atopes.
No documento que elabores debes incluír as imaxes,bandeira, mapas e calquera outra que creas axeitada.
Canto máis vistoso me orixinal sexa o traballo, mellor.

Preguntas:

1. Que significan as palabras Tsar, Revolución, Socialismo, Soviet, Bolxevique, Menxevique e Comunismo?

2. Que alfabeto é este e que características o diferenzan do noso?

  • Союз Советских Социалистических Республик
  • Владимир Ильич Ленин

3. Podes dicir que significa?

4. En que se diferenza o Calendario Ruso do noso e por que?

5. Elabora un breve resumo sobre a familia dos Romanov e de Nicolás II.

6. Cales foron as causas da Revolución Rusa?

7. Cales será o principal líder da revolución? Elabora unha ficha co máis destacado da súa vida (nome e apelidos, data de nacemento, xuventude…).

8. Cal foi o destino da famila do Tsar?

9. Contrasta os mapas do Imperio Ruso e da URSS, entre 1914 e 1929. Podes comezar por aquí:

10. Indica cales foron as consecuencias da Revolución Rusa.

Guía Didáctica:


Esta webquest diríxese ao alumnado de 4ºESO.
O tempo que debe empregarse é de dúas a tres sesións, se se elabora por parellas, e entre catro e cinco sesións, se se elabora individualmente.
Esixe unhas destrezas mínimas na utilización do procesador de textos e de navegación por Internet.
O traballo xira arredor dun contido principal que é a fin do Tsarismo( e do Antigo Réxime en Rusia), e  a Revolución Rusa.

Os obxectivos que se pretenden conseguir resúmense en dous:

  • Utilizar Internet para coñecer a Revolución Rusa.
  • Ofrecer un material didáctico para comprobar na aula como a Revolución Rusa, foi o causante da configuración ddun novo modelo de sociedade e de estado que, a día de hoxe, se gue a influír no carácter de moitos Estados.

Read Full Post »

I+D+I

Categories: XEOGRAFÍA | Xaneiro 16th, 2010 | by historianalama | no comments

As siglas I+D+I significan Investigación + Desenvolvemento + Innovación tecnolóxica.

Investigación é a indagación orixinal planificada que persiga descubrir novos coñecementos e unha superior comprensión no ámbito científico e tecnolóxico.

Desenvolvemento é a aplicación dos resultados da investigación ou de calquera outro tipo de coñecemento científico para a fabricación de novos materiais ou produtos ou para o deseño de novos procesos ou sistemas de produción, así como para a mellora tecnolóxica substancial de materiais, produtos, procesos ou sistemas preexistentes.

Innovación tecnolóxica é a actividade que teña obteña como resultado un avance tecnolóxico na obtención de novos produtos ou procesos de produción ou melloras substanciais dos xa existentes. Consideraranse novos aqueles produtos ou procesos cunhas características ou aplicacións, dende o punto de vista tecnolóxico, que difiran substancialmente das existentes con anterioridade.

Un estudo europeo confirma que as áreas máis innovadoras da UE están no norte, mentres que o sur e o leste ofrecen uns resultados máis dispares.

Porén, hai que salientar que Galiza, situada nun nivel “baixo” de I+D+I dentro da Unión Europea, non sae tan mal parada na comparación con outras áreas do continente, e que a súa posición mellorou nos últimos anos.

Nueva imagen

Read Full Post »

Os Pobos Eslavos

Categories: HISTORIA | Xaneiro 13th, 2010 | by historianalama | no comments

Os eslavos son un pobo que habitaba  a rexión da Europa central, e oriental hai preto de cinco mil anos. Co devir da Historia fóronse estendendo por  diversos territorios até se consolidaren no sur, centro e oriente do nosos continente.

Os pobos eslavos teñen moito en común canto á orixe das súas linguas, dalgúns aspectos culturais e, incluso, relixiosos.

Ao longo da Historia, estes pobos, espallados por Europa, estiveron baixo o goberno de  grandes Imperios ou Estados autoritarios e, pouco a pouco, tras innumerábeis e vergoñentas guerras, moitos deles foron acadando o status de Estados Soberanos.

Neste traballo trátase de que aprendas algo máis sobre como estes pobos  incidiron, e inciden,  na creación do mapa da Europa actual.

Descarga o seguinte documento e segue as instrucións que se che indican.

06

 “Músicos polacos con traxe tradicional”

Read Full Post »

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes