Abril 2010
M T W T F S S
« Mar   Mai »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

Archive for Abril, 2010

O Sexo entre curmáns rematou cos Austrias

Categories: HISTORIA | Abril 29th, 2010 | by historianalama | no comments

O 1 de novembro de 1700 falecía en Madrid, sen descendencia, o derradeiro Rei da Casa de Austria, á idade de 39 anos, selando así a decadencia dunha Dinastía, a dos  Habsburgo, que convertera á Monarquía Hispánica na meirande potencia do mundo.

Carlos II, alcumado “O Enfeitizado” por ter nado raquítico, enfermizo e de curta intelixencia, ademais de estéril, morrería sen descendencia, orixinando así  un problema sucesorio que remataría coa instauración en España dunha nova dinastía Real, a Casa Borbóns.

Pero, foi casualidade que finase sen descendencia?

Os sucesivos matrimonios entre curmáns, tíos e sobriñas da mesma familia, concertados para selar alianzas, desembocaron a aparición de enfermidades xenéticas recesivas.

A consanguineidade da Dinastía Habsburgo, por mor deses sucesivos matrimonios provocou a dexeneración do seu derradeiro representante na Monarquía Hispánica.

Agora, os científicos demostran as porcentaxes de cosanguinidade de Carlos II, neste artigo de Manuel Ansede.

Read Full Post »

Cadro do Pano de Aceiro

Categories: HISTORIA | Abril 16th, 2010 | by historianalama | no comments

Read Full Post »

Leopoldo Abadía, o “Gurú Campechano” da Economía

Categories: VARIOS | Abril 16th, 2010 | by historianalama | no comments

Como poderás ver de seguido, Leopoldo Abadía explícanos a Crise dun xeito moi particular!

Se queres saber algo máis, podes entrar na súa páxina http://www.leopoldoabadia.com, ou ver outros videos relacionados con asuntos económicos de actualidade que, de seguro, che serán máis doados de comprender unha vez que os teñas visto.

Read Full Post »

O Axente Laranxa

Categories: VARIOS | Abril 14th, 2010 | by historianalama | no comments

A Guerra do Vietnam foi un conflito que se desenvolveu no contexto da Guerra Fría e que aconteceu entre 1958 e 1975, e que tivo como belixerantes principais aos Estados Unidos de América (potencia hexemónica do Bloque Capitalista), e ao Vietnam do Norte (apoiado polo Bloque Comunista).

Ao remate da guerra, na que os EUA saíron derrotados, as tropas marcharon, mais no Vietnam ficarían os efectos do Axente Laranxa.

Esta arma química (pai dos actuais herbicidas), empregada a modo de herbicida polos EUA nas selvas do Vietnam co gallo de facer visíbeis as tropas inimigas, non só deforestou ao país, senón que tamén lle afectou á poboación provocando deformacións, esterilidade e outros efectos.

Agora, as compañías químicas responsábeis da fabricación do devandito Axente Laranxa, están a promover a campaña Auga Pura no Mundo…agás no Vietnam.

Read Full Post »

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes