Decembro 2017
M T W T F S S
« Xuñ    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

Archive for 'ARTE'

Reconstruíndo Roma

Categories: ARTE, HISTORIA, VARIOS | Outubro 17th, 2016 | by historianalama | no comments

Read Full Post »

A Capela Sixtina

Categories: ARTE, VARIOS | Outubro 10th, 2016 | by historianalama | no comments

Agora só che faltará imaxinar como ule, porque xa podes ver como é!

Read Full Post »

O maior xacemento de mazas neolíticas da Península, en Lugo

Categories: ARTE, HISTORIA | Abril 5th, 2015 | by historianalama | no comments

Nunha leira de Outeiro de Rei, a 15 quilómetros ao norte da cidade de Lugo, acháronse cinco mazas de pedra do neolítico final, é dicir, duns 5.000 anos de antigüidade.

Mazas neolíticas

 

 

 

 

 

 

É un achado de gran relevancia por ser un tipo de pezas pouco frecuentes en toda a península ibérica e que obrigarán a expor novas liñas de investigación na arqueoloxía galega, xa que só se descubriron ata agora en Holanda, Dinamarca, Alemaña, e de forma ocasional en Francia.

Read Full Post »

Achan en Chantada un ronsel castrexo-romano

Categories: ARTE, HISTORIA | Decembro 5th, 2014 | by historianalama | no comments

Entre as pedras que formaban o peche dunha leira nunha vivenda do pobo de Andemil -na parroquia de Vilaúxe, no municipio lucense de Chantada- ocultábase un singular vestixio da antigüidade galega. Trátase dun ronsel ou lápida funeraria que pode datar dos últimos tempos do Imperio Romano ou anterior.

Ronsel Castrexo-romano ChantadaA pedra labrada áchase na casa de Manuel Cortiñas López e levaba moito tirada no chan. O fillo do propietario, José Luis Cortiñas, observouna con detemento hai meses e decatouse que non era unha simple pedra.

Read Full Post »

Tesouro Viquingo en Escocia

Categories: ARTE, HISTORIA, VARIOS | Outubro 14th, 2014 | by historianalama | no comments

O pasado mes de septembro, Dereck McLennan localizou enterrado a 60 centímetros baixo terra o meirande tesouro viquingo localizado até agora en Europa.
0011674229

O punto exacto do emprazamento mantense en segredo para evitar posíbeis saqueos e para dar tempo aos expertos a analizar o xacemento.

1413274274079

Read Full Post »

14 nen@s de diferentes países e as súas habitacións

Categories: ARTE, VARIOS, XEOGRAFÍA | Abril 2nd, 2014 | by historianalama | no comments

Millóns de nenos de todo o mundo están a vivir infancias moi diferentes.

Dende aqueles que están a vivir a pobreza, carecen de alimentos e saneamento básico,  até aqueles que son máis afortunados por ter nado nun país onde polo xeral a meirande preocupación dun neno é que lle merquen o seu videoxogo favorito.

Read Full Post »

Visita virtual á Cova do Pindal

Categories: ARTE, HISTORIA | Marzo 30th, 2014 | by historianalama | no comments

Visita virtual á Cova do Pindal (Concellu de Ribadedeva, Principáu d’Asturies).
A cova alberga mostras de arte paleolítico -pintura e grabados- realizadas en distintos momentos do Magdaleniense (entre 18.000 e 13.000 anos).
Presenta representacións de animais entre las que destacan as figuras dun peixe  e dun mamut, e outros de carácter simbólico.

 

Read Full Post »

O cinema detrás da arte rupestre

Categories: ARTE, CINE, HISTORIA | Abril 8th, 2013 | by historianalama | no comments

Manuel Gago no seu blogue Capítulo Cero  traduce  de New Scientist:

“Pensas que as primeiras películas foron proxectadas no cine? De acordo a unha análise da arte rupestre, os nosos devanceiros prehistóricos inventaron o concepto mentres debuxaban nas paredes.

Neste vídeo, o investigador e cineasta Marc Azéma, da Universidade de Toulouse Le Mirail en Francia revela como varios fotogramas dunha animación están sobreimpresos en moitas pinturas animais. Un cabalo pintado nas covas de Lascaux en Francia, por exemplo, está feito de moitas versións do animal representando diferentes posicións de movemento. Neste vídeo, Azema extrae as imaxes individuais e amósaas en sucesión, demostrando como elas se reproducen como se fosen un debuxo animado (…)”

Desfrutádeo!

Read Full Post »

O Artesanado en “Los Pilares de la Tierra”

Categories: ARTE, CINE, HISTORIA | Xaneiro 23rd, 2013 | by historianalama | no comments

Para aprenderdes un pouquiño máis sobre o Artesanado na Udade Media, propoñémosche as seguintes actividades.

Lembrade que, para facerdes algunhas delas, é preciso navegardes pola rede.

1. Le os seguintes textos:

 

“Os artesáns, xastres, zapateiros, paneiros, panadeiros, cerralleiros, pintores, carpinteiros, canteiros e construtores constituían asociacións artesanais ou federacións chamadas gremios. Cada un deles, por exemplo o gremio dos xastres, era tan pechado e tiña leis case tan rigorosas como o estamento dos cabaleiros. Non todo o mundo podía alcanzar sen máis nin máis o grado de mestre xastre. Antes había que ser aprendiz durante un tempo determinado; logo, obtíñase o grado de oficial e había que percorrer mundo para coñecer cidades e formas de traballo alleas. Estes oficiais itinerantes percorrían o país a pé e visitaban, a miúdo durante anos, moitas nacións ata o momento de regresar a casa ou atopar unha cidade descoñecida que necesitase—poñamos por caso—un mestre xastre, pois nas cidades pequenas non facían falla moitos e o gremio procuraba con gran rigor que non accedese ao grado de mestre máis xente da que podía achar traballo. O oficial debía demostrar alí o que sabía, é dicir, preparar unha peza mestra (un belo abrigo, por exemplo), e, a continuación, nomeábaselle solemnemente mestre e era recibido no gremio”

 GOMBRICH, Ernst, Breve historia do Mundo, Barcelona, Península, 2007

 

“Tras cinco anos de duro traballo como aprendiz, Grau conseguiu a categoría de oficial. Seguiu ás ordes do seu mestre, que, satisfeito das súas calidades, empezou a pagarlle un soldo. Aos dezaoito cumpriu a súa promesa e contraeu matrimonio con Guiamona.[…]

Catro anos despois, aos vinte e dous, Grau presentouse ao exame público que se realizaba en presenza dos catro cónsules da confraría. Realizou as súas primeiras obras: unha xerra, dous pratos e unha ola, baixo a atenta mirada daqueles homes, que lle outorgaron a categoría de mestre, o que lle permitía abrir o seu propio taller en Barcelona e, por suposto, usar o selo distintivo dos mestres, que debía estamparse, previndo posíbeis reclamacións, en todas as pezas de cerámica que saísen do seu taller. Grau, en honor ao seu apelido, elixiu o debuxo dunha montaña.>>

Grau e Guiamona, que estaba embarazada, instaláronse nunha pequena casa dun só piso no barrio dos oleiros, que por disposición real estaba emprazado no extremo occidental de Barcelona, nas terras situadas entre a muralla construída polo rei Xaime I e o antigo linde fortificado da cidade. […]

Alí, onde o taller e a vivenda compartían o espazo co forno de cocción e os dormitorios nunha mesma peza, Grau iniciou o seu labor como mestre nun momento en que a expansión comercial catalá estaba revolucionando a actividade dos oleiros e esixíalles unha especialización que moitos deles, ancorados na tradición, rexeitaban.>>

Dedicarémonos ás xerras e ás olas —sentenciou Grau—; só xerras e olas. —Guiamona dirixiu a mirada cara ás catro obras mestras que fixera o seu marido—. vin a moitos comerciantes —proseguiu el— que mendigaban olas para comerciar co aceite, o mel ou o viño, e vin a mestres ceramistas que os despedían sen contemplacións porque tiñan os seus fornos ocupados en fabricar as complicadas baldosas dunha nova casa, os pratos policromados da louza dun nobre ou os botes dun boticario.[…]

Grau acertou. Encheu o sequeiro do seu humilde taller con xerras e olas, e pronto os comerciantes souberon que no taller de Grau Puig poderían atopar, ao momento, todo canto desexasen. Ninguén tería xa que mendigar a mestres soberbios”.

FALCONES, Ildefonso, A catedral do Mar, Barcelona, Mondadori, 2006, pp.51-52

2. Resposta ás seguintes preguntas:

Que é un artesán?

Enumera os distintos oficios que pode desenvolver un artesán.

Que é un Gremio?

Como se organizaba?

Diferenza entre aprendiz, oficial e mestre.

Cantos anos tiña que estar unha persoa como aprendiz para ascender no oficio?

Que é unha confraría?

Como se convertía alguén en mestre?

Canto cobraba un aprendiz? E un oficial?

Que é un taller?

Como había que facer para abrir un?

Saberías distinguir as obras dun mestre das doutro?

Na serie, como marcaba Tom as súas pezas?

Cales son as pezas de olería que máis se demandaban en Cataluña segundo o texto?

Saberías dicir en que ano desenvolvería o traballo o mestre Grau Puig?

Enumera os distintos oficios que aparecen na serie.

 

3. Que oficios podes distinguir na seguinte imaxe:

4. A continuación  elixe un oficio e redacta un contrato entre dúas persoas, ás que lle terás que poñer nome, cidade onde residenou onde traballan…

5. Queres ver como se facía, e aínda se fai, olaría artesá?

Read Full Post »

A Arte Medieval en «Los Pilares de la Tierra»

Categories: ARTE, CINE, HISTORIA | Xaneiro 16th, 2013 | by historianalama | no comments

A partir dos inicios da construcción da Catedral de Kingsbridge, veremos, ao longo dos capítulos, a evolución da Arte na Idade Media, dentro do seu contexto histórico.

Nesta tarefa imos traballar as distintas característas dos estilos Románico e Gótico.

1. Indica as diferentas entre a Arte Románica e  a Gótica.

2. Identifica a que estilo arquitectónico pertence cada unha destas igrexas e completa as frechas indicando os respectivos elementos arquitectónicos:

3. Identifica os seguintes elementos arquitectónicos e indica as principais partes dos mesmos:

   4.  Identifica e comenta as seguintes obras indicando a cronoloxía, estilo, tema, tipo de obra, función, material, características…:

 

5. Define os seguintes termos:

a)     Arco de medio punto.

b)     Bóveda de canón.

c)      Nave.

d)     Cúpula.

e)     Piar.

f)       Columna.

g)     Contraforte.

h)     Canzorro.

i)       Portada.

j)       Cruceiro.

k)     Ciborio.

l)       Ábsida.

m)  Deambulatorio.

n)     Transepto.

o)     Arquivolta.

p)     Tímpano.

q)     Xamba.

r)      Parteluz.

s)     Policromía.

t)       Naturalismo.

u)     Hieratismo.

v)     Pantocrator.

w)   Tetramorfos.

x)     Arco oxival.

y)     Chapitel.

z)      Torre.

aa)  Arcobotante.

bb) Bóveda de cruzaría.

cc)   Pináculo.

dd) Rosetón.

ee) Vidreira.

ff)    Gárgola.

 

 

 

Read Full Post »

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes