Agosto 2017
M T W T F S S
« Xuñ    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

Archive for 'CINE'

Galiza, ano 2098?

Categories: CINE, LINGUAS | Maio 2nd, 2013 | by historianalama | no comments

Que futuro queremos para a nosa lingua?
De nós depende!

Read Full Post »

O cinema detrás da arte rupestre

Categories: ARTE, CINE, HISTORIA | Abril 8th, 2013 | by historianalama | no comments

Manuel Gago no seu blogue Capítulo Cero  traduce  de New Scientist:

“Pensas que as primeiras películas foron proxectadas no cine? De acordo a unha análise da arte rupestre, os nosos devanceiros prehistóricos inventaron o concepto mentres debuxaban nas paredes.

Neste vídeo, o investigador e cineasta Marc Azéma, da Universidade de Toulouse Le Mirail en Francia revela como varios fotogramas dunha animación están sobreimpresos en moitas pinturas animais. Un cabalo pintado nas covas de Lascaux en Francia, por exemplo, está feito de moitas versións do animal representando diferentes posicións de movemento. Neste vídeo, Azema extrae as imaxes individuais e amósaas en sucesión, demostrando como elas se reproducen como se fosen un debuxo animado (…)”

Desfrutádeo!

Read Full Post »

You’re so Prehistoric!

Categories: CINE, HISTORIA, LINGUAS, MÚSICA | Marzo 12th, 2013 | by historianalama | no comments

Para aprenderdes algo máis sobre a Prehistoria e a evolución humana,  propóñovos a seguinte actividade:

1. Visualiza o seguinte video:

2. Aquí tes a letra da canción.
Genetic traits
Heredity
Changed over time
That’s the theory
Of Darwin
Evolution
Australopithecus
Were the earliest
Those “southern apes”
Shortest and furriest
In Africa
Omnivorous
Two feet on the ground
Bipedal species wandering all around
We’re related how?
Over ages of time they’re fozzilized
Prehistoric
I’ve got to wonder
With a brain that’s a third human-size
We’re related to you?
Cause you’re so prehistoric
We don´t look like you
Cause you’re so prehistoric
Neanderthals
Would come along
A rival species
Only one was strong
Sapiens sapiens
Survived to write this song
Found deep in the ground
Anthropologists diga ll around
You have the answer now?
When the C-14 data´s analyzed
Prehistoric
I’ve got to wonder
With a face that barely recognize
We’re descended from you?
Cause you’re so prehistoric
We don´t think like you do
Cause you’re so prehistoric
Cause you’re so prehistoric
Over ages of time they’re fozzilized
Prehistoric
I’ve got to wonder
With a brain that’s a third human-size
We’re related to you?
Cause you’re so prehistoric
It’s the Paleolithic way of life
Prehistoric gatherer-hunter
Through the blistering Ice Age we survived
And we owe it to you
Through you’re so prehistoric
Excavate you now
Wirh our shovels now
I think I’m ready now
Excavate you now
Wirh our shovels now
I think I’m ready now

Cópiaa na túa libreta. A continuación volve ver o video ao tempo que a les.

3. Se aínda non o tes claro, traduce aquelas frases que non che soen e busca no diccionario as palabras que descoñezas.

4. Resposta ás seguintes cuestións:
4.1. Que teoría axudou a debullar a evolución humana?
4.2. Como é o nome do autor desa teoría?.
4.3. Que especies de homínidos se nomean no video?
4.4. Podes dicir as características deles?
4.5. Como era o cerebro dos primeiros homínidos con respectoa o ser humano actual?
4.6. Cal é unha das características fundamentais que separou ao ser humano do seus parentes?
4.7. Poderías indicar o nome das persoas que se adican ao estudo dos fósiles óseos?
4.8. Que proba realizan estes científicos para determinar a data os achadégos?
4.9. Que especies coexistiron e rivalizaron?
4.10. Cal sobreviviu até hoxe a pesar da Idade do Xeo?

5. Queres saber máis sobre a vida n’A Terra e a evolución do ser humano?

Read Full Post »

As Cruzadas en “Los Pilares de la Tierra”

Categories: CINE, HISTORIA, MÚSICA, XEOGRAFÍA | Xaneiro 25th, 2013 | by historianalama | no comments

No Capítulo 7, Un nuevo comienzo, da serie Los Pilares de la Tierra, Richard de Kingsbridge marcha para loitar polo rei nas Cruzadas.

Mais para aprenderdes algo máis sobre as Cruzadas propóñovos a seguinte actividade:
1. Visualiza o seguinte video:

2. Aquí tes a letra da canción. Cópiaa na túa libreta e despois volve ver o video ao tempo que a les, traduce aquelas frases que non che soen e busca no diccionario as palabras que descoñezas.

Sanctionated by the Pope
Request of Byzantines
Europe enthralled
Travel far from home
To wage a holy war
And for their sins atone
In the Holy land
11th century
Brutal atrocities
Council of Clermont
Pope Urban made a case
To “take up the cross”
On the first Crusade
Without food or shoes
Around the walls they paced
Jerusalem´s disgraced
The infidel displaced
Philip, King of France
And Frederik Barbarossa, Emperor of Germany
Met hard luck, defeat
So Richard made a treaty to give the pilgrims peace
Captured Antioch in 1098
Then Jerusalem
Formed Crusader States
Beat by Saladin
It was a total waste, this misión they embraced
We call it The Crusades
A shaight ticket to Heaven, to be sure
Or if you’re affected by primogeniture
A younger son, gettin’ no land
Ooh, here’s your chance
Travelin’ down through Europe to the East
Fighting lack of wáter and the heat
Armour weighing your down
Peasant boys on the Children’s Crusade
Getting caught by pirates in Marseille
And for what? Why this tumult?
DEUS VULT
Men had different dreams
The knights Templar it seems were the most extreme
Ankle deep in blood
They salughtered all they could
They did it all for God
But some went with a plan
Of glory, gold or land
Was there any good to this culture clash?
Europeans would bring new products back
Knowledge, spices, food
Exploration grew
To find a new trade route
And the world subdue
Thon shalt not kill
Unless and infidel
We call them the Crusades

3. Resposta ás seguintes cuestións:

  • Por que os Bizantinos solicitaron axuda aos cristiáns católicos ?
  • Enumera as cidades que os cristiáns reclamaban.
  • Que é o Concilio de Clermont e que consecuencias tivo?.
  • Cales foron os  papas que alentaron a recuperar  achamada Terra Santa.
  • Indica cantas Cruzadas houbo ?
  • Que procuraban os cristians ao participaren nas Cruzadas?
  • Por que se lle chamou a Cruzada dos nenos?
  • E que lel aconteceu á maioríad eses nenos e nenas?
  • Que significa o termo Deus Vult?
  • Que produtos trouxeros de volta os europeos?
  • E os musulmáns, como viviron etapa histórica?
  • Como lle chamaban os cristiáns aos musulmáns?
  • Que territorios actuais conformaban os Estados Cruzados?

4. Como xa puideches comprobar, os Templarios, foron os cabaleiros cruzados máis famosos e dos que, aínda hoxe, se segue a falar moito.

Mais non só había Cabaleiros Templarios, polo que deberás investigar e elaborar un esquema onde indiques cales eran as Ordes Militares, identificándoas cos seus símbolos e diferenzándoas atendendo ao país de  orixe,fundación, propósitos, territorios onde realizaron as súas accións e demais datos que consideres relevantes para o teu traballo.

Read Full Post »

O Artesanado en “Los Pilares de la Tierra”

Categories: ARTE, CINE, HISTORIA | Xaneiro 23rd, 2013 | by historianalama | no comments

Para aprenderdes un pouquiño máis sobre o Artesanado na Udade Media, propoñémosche as seguintes actividades.

Lembrade que, para facerdes algunhas delas, é preciso navegardes pola rede.

1. Le os seguintes textos:

 

“Os artesáns, xastres, zapateiros, paneiros, panadeiros, cerralleiros, pintores, carpinteiros, canteiros e construtores constituían asociacións artesanais ou federacións chamadas gremios. Cada un deles, por exemplo o gremio dos xastres, era tan pechado e tiña leis case tan rigorosas como o estamento dos cabaleiros. Non todo o mundo podía alcanzar sen máis nin máis o grado de mestre xastre. Antes había que ser aprendiz durante un tempo determinado; logo, obtíñase o grado de oficial e había que percorrer mundo para coñecer cidades e formas de traballo alleas. Estes oficiais itinerantes percorrían o país a pé e visitaban, a miúdo durante anos, moitas nacións ata o momento de regresar a casa ou atopar unha cidade descoñecida que necesitase—poñamos por caso—un mestre xastre, pois nas cidades pequenas non facían falla moitos e o gremio procuraba con gran rigor que non accedese ao grado de mestre máis xente da que podía achar traballo. O oficial debía demostrar alí o que sabía, é dicir, preparar unha peza mestra (un belo abrigo, por exemplo), e, a continuación, nomeábaselle solemnemente mestre e era recibido no gremio”

 GOMBRICH, Ernst, Breve historia do Mundo, Barcelona, Península, 2007

 

“Tras cinco anos de duro traballo como aprendiz, Grau conseguiu a categoría de oficial. Seguiu ás ordes do seu mestre, que, satisfeito das súas calidades, empezou a pagarlle un soldo. Aos dezaoito cumpriu a súa promesa e contraeu matrimonio con Guiamona.[…]

Catro anos despois, aos vinte e dous, Grau presentouse ao exame público que se realizaba en presenza dos catro cónsules da confraría. Realizou as súas primeiras obras: unha xerra, dous pratos e unha ola, baixo a atenta mirada daqueles homes, que lle outorgaron a categoría de mestre, o que lle permitía abrir o seu propio taller en Barcelona e, por suposto, usar o selo distintivo dos mestres, que debía estamparse, previndo posíbeis reclamacións, en todas as pezas de cerámica que saísen do seu taller. Grau, en honor ao seu apelido, elixiu o debuxo dunha montaña.>>

Grau e Guiamona, que estaba embarazada, instaláronse nunha pequena casa dun só piso no barrio dos oleiros, que por disposición real estaba emprazado no extremo occidental de Barcelona, nas terras situadas entre a muralla construída polo rei Xaime I e o antigo linde fortificado da cidade. […]

Alí, onde o taller e a vivenda compartían o espazo co forno de cocción e os dormitorios nunha mesma peza, Grau iniciou o seu labor como mestre nun momento en que a expansión comercial catalá estaba revolucionando a actividade dos oleiros e esixíalles unha especialización que moitos deles, ancorados na tradición, rexeitaban.>>

Dedicarémonos ás xerras e ás olas —sentenciou Grau—; só xerras e olas. —Guiamona dirixiu a mirada cara ás catro obras mestras que fixera o seu marido—. vin a moitos comerciantes —proseguiu el— que mendigaban olas para comerciar co aceite, o mel ou o viño, e vin a mestres ceramistas que os despedían sen contemplacións porque tiñan os seus fornos ocupados en fabricar as complicadas baldosas dunha nova casa, os pratos policromados da louza dun nobre ou os botes dun boticario.[…]

Grau acertou. Encheu o sequeiro do seu humilde taller con xerras e olas, e pronto os comerciantes souberon que no taller de Grau Puig poderían atopar, ao momento, todo canto desexasen. Ninguén tería xa que mendigar a mestres soberbios”.

FALCONES, Ildefonso, A catedral do Mar, Barcelona, Mondadori, 2006, pp.51-52

2. Resposta ás seguintes preguntas:

Que é un artesán?

Enumera os distintos oficios que pode desenvolver un artesán.

Que é un Gremio?

Como se organizaba?

Diferenza entre aprendiz, oficial e mestre.

Cantos anos tiña que estar unha persoa como aprendiz para ascender no oficio?

Que é unha confraría?

Como se convertía alguén en mestre?

Canto cobraba un aprendiz? E un oficial?

Que é un taller?

Como había que facer para abrir un?

Saberías distinguir as obras dun mestre das doutro?

Na serie, como marcaba Tom as súas pezas?

Cales son as pezas de olería que máis se demandaban en Cataluña segundo o texto?

Saberías dicir en que ano desenvolvería o traballo o mestre Grau Puig?

Enumera os distintos oficios que aparecen na serie.

 

3. Que oficios podes distinguir na seguinte imaxe:

4. A continuación  elixe un oficio e redacta un contrato entre dúas persoas, ás que lle terás que poñer nome, cidade onde residenou onde traballan…

5. Queres ver como se facía, e aínda se fai, olaría artesá?

Read Full Post »

A Arte Medieval en «Los Pilares de la Tierra»

Categories: ARTE, CINE, HISTORIA | Xaneiro 16th, 2013 | by historianalama | no comments

A partir dos inicios da construcción da Catedral de Kingsbridge, veremos, ao longo dos capítulos, a evolución da Arte na Idade Media, dentro do seu contexto histórico.

Nesta tarefa imos traballar as distintas característas dos estilos Románico e Gótico.

1. Indica as diferentas entre a Arte Románica e  a Gótica.

2. Identifica a que estilo arquitectónico pertence cada unha destas igrexas e completa as frechas indicando os respectivos elementos arquitectónicos:

3. Identifica os seguintes elementos arquitectónicos e indica as principais partes dos mesmos:

   4.  Identifica e comenta as seguintes obras indicando a cronoloxía, estilo, tema, tipo de obra, función, material, características…:

 

5. Define os seguintes termos:

a)     Arco de medio punto.

b)     Bóveda de canón.

c)      Nave.

d)     Cúpula.

e)     Piar.

f)       Columna.

g)     Contraforte.

h)     Canzorro.

i)       Portada.

j)       Cruceiro.

k)     Ciborio.

l)       Ábsida.

m)  Deambulatorio.

n)     Transepto.

o)     Arquivolta.

p)     Tímpano.

q)     Xamba.

r)      Parteluz.

s)     Policromía.

t)       Naturalismo.

u)     Hieratismo.

v)     Pantocrator.

w)   Tetramorfos.

x)     Arco oxival.

y)     Chapitel.

z)      Torre.

aa)  Arcobotante.

bb) Bóveda de cruzaría.

cc)   Pináculo.

dd) Rosetón.

ee) Vidreira.

ff)    Gárgola.

 

 

 

Read Full Post »

A Sociedade Medieval en “Los Pilares de la Tierra”

Categories: ARTE, CINE, HISTORIA | Xaneiro 8th, 2013 | by historianalama | no comments

Propóñovos unha nova tarefa para afondardes máis no mundo da Idade Media.

O primeiro que debedes facer é visualizar o primeiro capítulo da serie “Los Pilares de la Tierra” titulado Anarquía.

E estas son as actividades:

1. Identifica a cada un dos personaxes principais da serie e completa o cadro.

2. Agora asigna cada parte da pirámide a un estamento e encadra a cada personaxe no seu e, se o precisas, subdivide cada un dos estamentos.

3. Resposta ás seguintes preguntas apoiándote no que visto no capítulo 1:

a)     Describe como é a Nobreza indicando as diferenzas entre quen a conforma, os espazos que habita, as vestimentas, intereses, o comportamento…

b)     Describe como é o Clero indicando as diferenzas entre quen o conforma, os espazos que habita, as vestimentas, intereses, o comportamento…

c)      Describe como é a Plebe indicando as diferenzas entre quen o conforma, os espazos que habita, as vestimentas, intereses, o comportamento…

d)     Describe o papel da muller nos distintos estamentos  e o protagonismo que teñen Agnes, Regan, Marta, Ellen, Matilde e Aliena.

e)     Que papel xogaba Deus na vida da xente?

 4. Define os seguintes termos:

a)     Priorato

b)     Prior

c)      Novicia

d)     Corte Real

e)     Sodomía

f)      Bastardo

g)     Arcebispo de Canterbury

h)     In Pectore

i)      Lexítimo

j)      Bruxa

k)     Duque de Anjou

l)      Guillerme “O conquistador”

m)    Mestre constructor

ñ)    Aprendiz

o)    Conde

5. A Anarquía:

Este capítulo titúlase Anarquía, mais saberías dicir por que?

Elabora un resumo explicando o por que dese termo.

Para iso terás que investigar un pouquiño!

 

 

Read Full Post »

Un mundo sen fin

Categories: CINE, HISTORIA | Outubro 24th, 2012 | by historianalama | no comments

Despois do éxito da serie Los pilares de la Tierra, baseada na novela de Ken Follet, chega ás pantallas Un mundo sin fin.

PARA SEGUIR A SERIE ENTRA AQUÍ.

Read Full Post »

Germinal

Categories: CINE, HISTORIA | Novembro 22nd, 2010 | by historianalama | no comments

Read Full Post »

Cuestionario da película “O Patriota”

Categories: CINE, HISTORIA | Outubro 27th, 2010 | by historianalama | no comments

Read Full Post »

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes