Agosto 2017
M T W T F S S
« Xuñ    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

Archive for 'NATUREZA'

Hoxe morreu un can atado!

Categories: NATUREZA | Abril 2nd, 2014 | by historianalama | no comments

Hoxe morreu un can atado, un can de finca, illado e triste.
Eses de mirada perdida e ladrido-laio, aos que as cadeas consumiron a vontade.
Hoxe morreu un animal que xamais puido correr.
Sen saber que existen os abrazos a complicidade e a tenrura e o xogo!

Non máis calor, non máis inverno, non máis noites nin días interminables.
Canta vergoña deixaches!
Haberá que continuar polos demais, mais neste intre perdemos, porque ti non estás.
Hoxe morreu un can atado, mañá é probábel que haxa outro a ocupar seu lugar.

Read Full Post »

O Courel

Categories: NATUREZA, XEOGRAFÍA | Marzo 13th, 2013 | by historianalama | no comments

Hai 340 millóns de anos, no Courel, aconteceu algo extraordinario:
da grande colisión de dúas placas continentais, naceu Galicia.
Hoxe, esta paisaxe única, cun patrimonio cultural e xeolóxico de interese mundial, vese ameazada.
Abandono, megaminaría e espolio forestal devastan este ecosistema.

Read Full Post »

“Unha sauna castrexa en perigoso equilibrio” por Manuel Gago en Capítulo 0

Categories: ARTE, HISTORIA, NATUREZA, TRADICIÓNS | Decembro 14th, 2011 | by historianalama | no comments

Mercé ao illamento do castro do Castañoso (A Fonsagrada), chegou ata nós, parcialmente en pé, un auténtico monumento castrexo, unha sauna que sobreviviu dous mil anos convertida en corripa de ourizos de castañas. Agora, o camiño ata ese lugar volve estar aberto.
Se queres saber máis pincha na imaxe:

Read Full Post »

Morre o derradeiro rinoceronte da illa de Xava

Categories: NATUREZA | Outubro 25th, 2011 | by historianalama | no comments

Esta é unha tráxica nova. Hoxe o mundo ten unha especie menos!

O exemplar morreu a mans dos cazadores furtivos que lle arrincaron o corno para vendelo no mercado ilegal, segundo informa a asociación conservacionista  WWF,

Así,  o corno do rinoceronte é un dos produtos estrela da medicina tradicional chinesa, polo que este obxecto está detrás da matanza de centos de exemplares nos últimos anos, no que xa se coñece entre o sector ‘a crise do furtivismo’.

Que futuro lle agarda ás novas xeracións?

Extínguense animais, pobos, linguas…

Definitivamente, o ser humando é o peor depredador!

Read Full Post »

Petroglifos no Concello de Pantón

Categories: ARTE, HISTORIA, NATUREZA | Outubro 10th, 2011 | by historianalama | no comments

O patrimonio arqueolóxico do municipio de Pantón acaba de verse incrementado coa descuberta dun conxunto de petróglifos e unha mámoa na zona coñecida como monte de San Paio, entre as localidades de San Romao de Acedre, Santiago de Cangas e Frontón.


Non é a primeira vez que aparecen insculturas deste tipo e, case sempre son atopadas por xente que desfruta da natureza e  é coñecedora do seu entorno.

Vos tamén podedes facer que se incremente o patrimonio da vosa parroquia e concello!

Animádevos!

Read Full Post »

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes