Outubro 2017
M T W T F S S
« Xuñ    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

Archive for 'TRADICIÓNS'

“Unha sauna castrexa en perigoso equilibrio” por Manuel Gago en Capítulo 0

Categories: ARTE, HISTORIA, NATUREZA, TRADICIÓNS | Decembro 14th, 2011 | by historianalama | no comments

Mercé ao illamento do castro do Castañoso (A Fonsagrada), chegou ata nós, parcialmente en pé, un auténtico monumento castrexo, unha sauna que sobreviviu dous mil anos convertida en corripa de ourizos de castañas. Agora, o camiño ata ese lugar volve estar aberto.
Se queres saber máis pincha na imaxe:

Read Full Post »

O Apalpador, o Papá Noel Galego!

Categories: TRADICIÓNS | Decembro 15th, 2009 | by historianalama | no comments

Houbo un tempo no que na Galiza había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador.
Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento e foi substituído pola figura de Papá Noel, unha tradición centroeuropea á que a Cocacola lle puxo un traxe vermello (antes era verde), e o mercado se encargou de difundir.

Apalpador00

O Apalpador é un xigante carboeiro que mora nas devesas, usa boina, casaco esfarrapado, fuma en pipa, e aliméntase de bagas e xabaríns. Na noite do 31 de decembro baixaba ás aldeas para se achegar aos nenos e nenas que durmían.

APALPADOR

Na “noite de apalpadoiro” (na noite de fin de ano), apalpaba o ventre das persoas para ver se os pícaros comeron ou non.
De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano” e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.Jerónimo de Vicente, de Ourense, achéganos estes versos ”que teño ouvido e que lle cantaban os pais ós seus fillos a noite que baixaba”:

Hoxe  é noite de Nadal,
vaite    ninín  á camiña
que vai vir o apalpador
a palparte a barriguiña

En 2008 escoitamos no programa da Radio Galega dirixido por Xurxo Souto “Aberto por reformas” o testemuño de Miguel Losada quen facía referencia ao Pandigueiro, personaxe que, na Terra de Trives, acudía aos leitos dos nenos que se tiveran que deitar na Noite de Nadal co ventre baleiro.

Segundo esta información os nenos tiñan que pedirlle “leitiña con purgazos” (castañas secas, cocidas) ao Pandigueiro por medio dun retrouso (que xa non lembra), e este baixaba da Serra da Cabeza Grande coas castañas e, ademais, podía levar xoguetes tallados en madeira cocida de amieiro.

Esta tradición,recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas de Lóuzara, O Courel, O Cebreiro e d’O Bierzo, posiblemente sexa un costume de orixe pre-cristiá que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Pescuda na túa casa, aos teus avós, pais, tíos…se saben deste personaxe ou algo relacionado coa noite do apalpadoiro e comunícallo ao Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

E lembrade! O próximo ano, os agasallos da nosa familia pode volver deixalos o noso Apalpador!!!

Read Full Post »

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes