Outubro 2017
M T W T F S S
« Xuñ    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

ESTUDO XEOGRÁFICO REXIONAL DO PLANETA

Introdución:

Do mesmo xeito que unha comarca agrupa Concellos cunhas mesmas características xeográficas, económicas, culturais…algúns dos Estados que configuran o noso planeta, tamén gardan similitudes entre si e, dentro de cada un dos continentes, podemos diferenzar varias rexións.

Este traballo consiste en que fagas un estudo polo miúdo dalgunha das Rexións que compoñen o noso planeta, non un estudo individualizado de cada un dos Estados que compoñan unha rexión, senón da rexión en conxunto.
Trátase de que analices e recompiles todos os elementos xeográficos referentes á rexión da que leves a cabo o teu estudo.

Tarefa:

1º. A Rexión do Mundo que che tocará traballar corresponderase coa que teña o mesmo número que o que ti tes na clase, é dicir, se es o nº18, correspóndeche a Rexión nº18, que sería o Asia Sudoocidental.

Entra na páxina seguinte e copia a imaxe onde aparece a túa rexión:

peterms

2. Abre  o procesador de presentacións Open Office-Impress. Crea un documento  e gárdao co nome da rexión que che foi asignada. Por exemplo: “Asia Sudoocidental” , “Estudo da Rexión de Asia Sudoocidental” ou coma ti elixas.

3º. No traballo deberás incluír todo tipo de documentos(texto, imaxe, táboas estatísticas…), que consideres precisos para expoñer o estudo da rexión, pero debes incluír os seguintes apartados: 

  • Portada.
  • Índice.
  • Limiar.
  • Xeográfia  Física.(Países, Límites, Localización, Climatoloxía, Relevo, Hidrografía, Hábitat, Paisaxe…)
  • Xeografía Humana. (Características da Poboación, Densidade de Poboación…)
  • Xeografía Económica. (Recursos, Sectores Económicos, Turismo…)
  • Xeografía Política.(Sistemas de Goberno, Democracia ou Ditadura, Monarquía ou República, Laicidade, Confesionalidade ou Teocracia, Centralización, Descentralización ou Estado Federal, Relacións Internacionais…)
  • Xeografía Cultural.(Linguas, Culturas, Relixión…)
  • Conclusións. (Valora o teu traballo engadindo as dificultades que che supuxo a súa elaboración e se foi positivo para a aprendizaxe de novos coñecementos).
  • Bibliografía.(Indicando as páxinas web, libros e recursos que empregaches para a elaboración do traballo).

4º.O número mínimo de diapositivas, sen incluír a Portada, Índice e Bibliografía, é de 25 diapositivas.

5º. Ao rematar terás  unha presentación con texto e imaxes no que aparecerá o que descubriches e aprendiches sobre esa Rexión en concreto, e deberás subilo á páxina de textos de sociaisnalama.

6º. O prazo de entrega é o establecido no calendario de exames. Calquera documento que non estea na páxina web o devandito día non será avaliado.

 

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes