Outubro 2017
M T W T F S S
« Xuñ    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

ALUMN@S

ARTE

CULTURA E TRADICIÓNS

FERRAMENTAS NA INTERNET

HISTORIA

LINGUA

NATUREZA

ONGs

REDE SOCIAL ALUMNADO

SOFTWARE LIBRE

VARIOS

XEOGRAFÍA

Meta

GUÍA XEOGRÁFICA PARROQUIAL DE CHANTADA

Para elaborarmos esta guía necesitamos da túa axuda.
Deberás procurar información sobre a túa Parroquia.
Trátase de que analices e recompiles todos os elementos xeográficos referentes á túa parroquia, seguindo estes pasos:

Topográfico Chantada

A.ESTUDO CULTURAL:
A.1. Que é unha Parroquia?
A.2. Nome da túa Parroquia.
A.3. Nome da túa Aldea, lugar…
A.4. Investiga sobre a orixe dos topónimos, tanto da parroquia coma das aldeas, lugares, penas, en definitiva, sobre aqueles lugares que teñen un nome que chamen a atención.
A.5. Límites Parroquiais e núcleos de poboación que a compoñen.
A.6. Existe algunha lenda relacionada coa túa parroquia?

B.ESTUDO FÍSICO:
B.1. Vista Aérea:
Busca na Internet, no visor do SIGPAC (Sistema de Información Geográfica de Parcelas Agrícolas), na páxina http://sigpac.mapa.es/fega/visor/), a túa casa.

Despois unha imaxe aérea da túa Parroquia e unha da túa Aldea que pegarás aquí.

B.2. Coordenadas:
Anota as Coordenadas nas que se localiza a túa:
– Casa:
– Aldea:
– Parroquia:
– Concello:
– Provincia:
– Comunidade Autónoma:
– Estado:

B.3. Perfil Topográfico:
Elabora un Perfil Topográfico do tramo en liña recta que hai dende a túa casa ata o centro de Chantada. Se es de Chantada capital, deberás elaboralo tomando como punto de partida Diomondi (O Saviñao)

Para isto, deberás seguir os pasos que se atopan no apartado de Material e logo engadilo á guía parroquial.

B.4. Relevo:
Como é o relevo? Indica as Elevacións, Depresións, Chairas…que se atopan nese tramo do camiño e a súa elevación con respecto ao nivel do mar. Lémbrate de indicar os nomes.

B.5. Hidrografía:
Recolle imaxes sobre os ríos, regatos, fontes e mananciais que se atopan no tramo da ruta que atravesa a túa parroquia. Pégaas aquí indicando a que corresponde cada unha delas e os nomes deles.

B.6. Hábitat:
Analiza como é o Hábitat da túa Parroquia. Podes engadir imaxes. Lémbrate de seguir estes puntos:
– Hábitat Concentrado ou Disperso.
– Edificacións Tradicionais ou de Nova Construción.
– Materiais que se empregan para construír Casas Tradicionais.
– Materiais se empregan para construír Casas de Nova Construción.
– Cales están máis en harmonía coa paisaxe?
– Coidas que existe exceso de construción urbana na túa Parroquia?
– Hai Feísmo Urbanístico? Amósanos algunha imaxe:

C. ESTUDO AGRÍCOLA GANDEIRO:
Trátase de que estudes os elementos que conforman a paisaxe agraria.
Neste apartado engadirás imaxes para responder ás cuestións:

C.1. As Leiras:
– Están Abertas? Están Pechadas?Indica que materiais se empregan para pechalas.

C.2. Grao de Aproveitamento da Leiras:
– Practícase a Agricultura Intensiva ou Extensiva? Por que?

C.3. Sistemas de Rega:
– Explica se se dá unha Agricultura de Secaño ou de Regadío.

C.4. Especies Cultivadas:

C.5. Agricultura Tecnificada?.

C.6. A Gandaría:
-Trátase de que estudes as características da Gandaría da túa Parroquia. Para elo deberás atender ás especies, granxas, mecanización…e todo o relacionado con este apartado.

C.7. A Acuicultura:
– Que recursos da pesca fluvial atopas na Parroquia?
– Hai Piscifactorías?

C.8. Indica a porcentaxe de poboación que se dedica a este sector.

D. ESTUDO INDUSTRIAL.
D.1. Obradoiros Artesáns:
– Existe a día de hoxe algún obradoiro artesán?

– Elabora unha ficha indicando o nome do Oficio, os datos persoais do artesán, materiais que emprega.. Escoita a súa experiencia e ensinarache para que vale o seu traballo.

D.2. Industria Moderna:
– Existe ou existiu algunha Industria ou Empresa Moderna?
– Elabora unha ficha onde indiques as características da empresa (ano de fundación, nome, traballadores…).

D.3. Indica a porcentaxe de poboación que se dedica a este sector.

E .ESTUDO DOS SERVIZOS:
Analiza os Servizos da túa Parroquia.
E.1. Tipo de Servizo:
– Comercio?
– Transportes?
– Turismo?
– Información e Comunicación?

E.2. Como é a Rede Viaria?.

E.3. Indica a porcentaxe de poboación que se dedica a este sector.

G.CONCLUSIÓNS:

G.1. Elabora un queixo onde indiques a porcentaxe de persoas dedicadas aos distintos sectores económicos.

G.2. Valora o teu traballo engadindo as dificultades que che supuxo a súa elaboración.

G.3. Que cousas mellorarías da túa Parroquia para facer máis atraínte ás xentes de fóra dela?

F. MATERIAIS:

Páxinas

Histórico

Categorías

Artigos recentes