A Memoria da Lingua
Categorías: LINGUAS | Novembro 8th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Categorías: LINGUAS | Novembro 8th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Categorías: CINE, HISTORIA | Outubro 27th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Categorías: VARIOS | Outubro 5th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Aquí tedes a gamba do voso compañeiro Xende en Bernard Street, Londres!!
Vaia fenómeno!!
Se queredes ver o programa o nº108 d eTonterías las Justas!!
Categorías: HISTORIA | Setembro 20th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Galiza está establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma, con estatuto de «nacionalidade histórica» segundo a Constitución Española e o seu Estatuto de Autonomía , dentro do Reino de España.
Porén, esta semana cúmprense 77 anos do recoñecemento nacional do noso país polo Congreso de Nacionalidades Europeas o, organismo da Sociedade de Nacións, predecesora da ONU.
Se queres profundizar máis entra nesta ligazón:
http://www.vieiros.com/nova/69052/setembro-de-1933-galiza-unha-nacion-en-europa
Categorías: LINGUAS | Setembro 13th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Esta é a presentación elaborada por Alba Nogueira e Manuel Bermúdez que demostra como como a Xunta promove a Insubmisión á Constitución e á Lei de Normalización Lingüística.
Categorías: ARTE, CINE, HISTORIA | Setembro 12th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
O vindeiro martes 14 ás 22:30, comeza na canle Cuatro a serie «Os Piares da Terra».
Esta serie, baseada na novela do mesmo nome escrita por Ken Follet, ten coma eixo principal a construcción dunha catedral na Idade Media.
Se tedes curiosidade por saberdes como era a vida naquela época non a deixedes escapar, mais recomendámosvos que vos atrevades co libro.
Aquí tedes un avance!!
Categorías: XEOGRAFÍA | Xuño 4th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Categorías: HISTORIA | Maio 31st, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Categorías: LINGUAS | Maio 31st, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
Trala aprobación do Decreto do Plurilingüismo por parte do Consello da Xunta de Galicia, a Coordinadora Galega de ENDL entende que este novo regulamento acentúa o desequilibrio entre as linguas oficiais, propiciará a inmersión en castelán en infantil e non garante que o alumnado acade a competencia en lingua galega ao rematar o ensino obrigatorio, tal e como procura a lexislación educativa en materia lingüística.
Non é certo que exista equilibrio entre galego e castelán, idea coa que o goberno pretende vender o novo texto lexislativo. O galego, lingua propia de Galicia e necesitada de protección, queda nunha situación moi inferior ao castelán no ensino.
Categorías: HISTORIA | Abril 29th, 2010 | historianalamaby historianalama | no comments
O 1 de novembro de 1700 falecía en Madrid, sen descendencia, o derradeiro Rei da Casa de Austria, á idade de 39 anos, selando así a decadencia dunha Dinastía, a dos Habsburgo, que convertera á Monarquía Hispánica na meirande potencia do mundo.
Carlos II, alcumado «O Enfeitizado» por ter nado raquítico, enfermizo e de curta intelixencia, ademais de estéril, morrería sen descendencia, orixinando así un problema sucesorio que remataría coa instauración en España dunha nova dinastía Real, a Casa Borbóns.
Pero, foi casualidade que finase sen descendencia?
Os sucesivos matrimonios entre curmáns, tíos e sobriñas da mesma familia, concertados para selar alianzas, desembocaron a aparición de enfermidades xenéticas recesivas.
A consanguineidade da Dinastía Habsburgo, por mor deses sucesivos matrimonios provocou a dexeneración do seu derradeiro representante na Monarquía Hispánica.
Agora, os científicos demostran as porcentaxes de cosanguinidade de Carlos II, neste artigo de Manuel Ansede.